A asesoría fiscal e contable
que che facilita a vida

Maximiza o éxito do teu negocio cun asesoramento fiscal experto. Xa sexas un emprendedor que acaba de empezar ou teñas unha empresa con longo percorrido, o noso equipo de profesionais brindarache a tranquilidade e o apoio que precisas resolvendo calquera tema fiscal e contable.

servicios asesoria fiscal
asesoría fiscal y contable para empresas

Lourdes Pesado, asesora fiscal en Talenom

A nosa asesoría
adáptase ao teu negocio

Tanto se es peme coma se es autónomo, co noso servizo de asesoría 
despreocúpaste por completo. En Talenom contamos cun equipo de asesores especializados que revisa toda a túa actividade e presenta os teus impostos a tempo e sen erros.

Ademais, a nosa asesoría acompáñate esteas onde esteas: en Talenom temos tanto oficinas preto de ti coma un servizo 
de asesoría en liña para brindarche o apoio que precisas en todo momento.  

Confía en Talenom e deléganos as tarefas fiscais e contables do teu negocio para asegurarte de que todo está baixo control.

Asesoramento experto para pemes e autónomos

En Talenom, queremos que te sintas totalmente acompañado á hora de xestionar o teu negocio. A nosa especialidade é ofrecerche o mellor asesoramento e solucións óptimas que se adapten a calquera circunstancia da túa empresa. Por iso, en Talenom atoparás os seguintes servizos fiscais e contables:

Acompañamento dun asesor ou equipo de asesores para facer medrar o teu negocio

Reunións anuais de planificación para potenciar 
a eficiencia da túa empresa 

Presentación de modelos
de impostos e xestión de trámites coa Administración

Xeración de libros contables e contas anuais 

Asesoría en constitución
de empresas 

Acceso ao software de xestión Talenom para crear facturas e contabilizar gastos

E se precisas algún servizo que non mencionásemos, non te preocupes! Contacta con nós e traballaremos unha solución á túa medida.  

A xestión dos teus impostos en mans expertas

Estar ao día coa Axencia Tributaria mentres invistes tempo en facer medrar o teu negocio nunca foi tan fácil. Co servizo de xestoría fiscal de Talenom, asegúraste de que os teus impostos se presentan correctamente.

E se precisas tramitar algún imposto non incluído nesta listaxe, consúltanos e axudarémosche encantados.  

Descubre opinións de clientes sobre a nosa asesoría

Un imposto menos do que preocuparte: imposto de sociedades

En Talenom, ofrecémosche todas as facilidades para que cumpras correctamente coas túas obrigacións como peme sen complicacións, 
nun tris. Esquécete da xestión deste imposto 
e delégao no teu asesor fiscal de confianza. Con Talenom, o imposto de sociedades xa non será unha dor de cabeza.

Fiscal
asesoria online empresas

Apodera o teu negocio co asesoramento de Talenom

Talenom é a asesoría que pemes e autónomos precisan para optimizar recursos e facer máis eficiente o seu negocio. 
Coñece todas as vantaxes que supón contar co noso servizo especializado de xestoría:

  • Atención personalizada e firme compromiso por parte dos nosos especialistas. 
  • Maior comunicación co teu asesor fiscal e contable ao poder contactar por calquera canle e evitar desprazamentos.  
  • Seguridade e tranquilidade de que os teus impostos están ben presentados e nos prazos establecidos.  
  • Aforro de tempo grazas á automatización de tarefas nas que empregarías horas. 

Moito máis ca unha asesoría fiscal: a túa contabilidade dixitalizada

Tanto se tes unha empresa coma se es autónomo, en Talenom ofrecémosche un software de xestión que simplifica e optimiza a contabilidade do teu negocio. Descubre os motivos polos que pasarte a Talenom:

  • Unha ferramenta que combina software de contabilidade con asesoría fiscal e contable, ofrecéndoche un control completo do teu negocio e un equipo de expertos á túa disposición. 
  • Maior comodidade ao poder acceder á ferramenta desde calquera lugar, dispoñible en versión aplicación e web. Todo sincronizado! 
  • Plataforma fácil e intuitiva que che permite unha xestión do negocio eficiente e sen complicacións.  
  • Sé sostible e optimiza o teu tempo. Esquécete do papelame e ten o control da túa facturación, vendas e gastos en tan só uns clics. 
  • En canto ás consultas co teu asesor, teralo a unha chamada ou mensaxe de distancia, sempre dispoñible para ti. 
asesoria-digital-empresas

Contacta con nós

Completa os teus datos e poñerémonos en contacto contigo pronto.