O programa de facturación para empresas e autónomos
Todo o que a túa empresa precisa para dedicar menos tempo á creación de facturas e á xestión do teu negocio.

Crea e personaliza facilmente as túas facturas de venda
Deixa pegada nas túas facturas e namora os teus clientes coidando
cada mínimo detalle da túa comunicación. O teu cliente captará
o estilo do teu negocio nun instante
Crea as túas facturas co toque corporativo que merecen: carga o teu logotipo na ferramenta de facturación, define a cor identificativa da túa marca e selecciona a túa tipografía favorita.
Poderás decidir entre tres modelos, nove cores e tres tipografías distintas.
Que se faga a maxia! Facturas personalizadas.
Crea facturas electrónicas nun tris
A factura electrónica volveuse un formato obrigatorio entre as empresas e os autónomos. Co noso programa de facturación electrónica podes crealas de maneira sinxela cun simple clic tras crear a túa factura ordinaria. Con Talenom software poderás:
- Cumprir coa normativa obrigatoria para empresas e autónomos en relación coa factura-e.
Aforrar tempo na creación de facturas e gañar eficiencia no teu proceso de facturación.
Reducir os posibles erros grazas ao formato dixital e axilizar os procesos de pago de clientes.
Emite xa as túas facturas tanto a empresas privadas como á Administración pública. Poderás descargar o ficheiro en formato .xml (factura-e) e PDF para remitilo ao sistema FACE e asinalo co certificado dixital.
Simplifica o teu proceso de facturación e aforra tempo coa nosa potente ferramenta de facturación electrónica!


Dixitaliza as túas facturas cunha ferramenta extremadamente intuitiva
Optimiza o teu tempo coa ferramenta de facturación que máis se adapta ás necesidades da túa empresa. Dixitaliza facilmente as túas facturas e tíckets de venda e gasto:
- Escanea o teu tícket ou factura co escáner OCR ou carga o documento desde a túa galería.
- Visualiza a túa factura en formato dixital e envíalla ao cliente desde a propia ferramenta.
- Fai seguimento das túas facturas enviadas e que non deixes escapar ningún cobramento.
- Poderás sel seleccionalas coma recorrentes para ser máis eficiente na xestión da túa facturación.
- Controla os teus gastos e ingresos facendo seguimento mediante o panel de control.
Mantén os teus gastos sempre ao día e evita perder máis tíckets!
Descubre todas as funcionalidades de Talenom Software
No noso programa de xestión podes atopar moitas outras funcionalidades máis alá das propias de facturación: previsión de impostos en tempo real, sincronización de bancos, creación de remesas bancarias, xeración de contas de efectivo e moito máis!

Sincronización con bancos
Conciliación intelixente
Remesas bancarias
Descubre Talenom software en iOs e Android
Talenom Software é un programa de facturación multicanle, accesible desde a versión web e tamén dispoñible nas versións aplicación tanto en Apple coma en Android.
Non perdas máis tempo en xestionar a facturación e os impostos do teu negocio. Talenom Software faiche o día a día moito máis fácil.
A aplicación que todo emprendedor debería ter no seu smartphone.


A túa facturación conectada
co teu asesor de confianza
O teu negocio estará sempre conectado a un equipo de expertos que se dedica a controlar a facturación e os impostos da túa empresa. Tanto ti coma o teu asesor poderedes acceder a todos os datos do teu negocio en tempo real.
A nosa prioridade é que teñas a tranquilidade de ter a túa facturación automatizada e optimices tempo nestas tarefas para poder empregalo na túa propia actividade.
A seguridade de ter o apoio dun equipo de expertos dedicados ao teu éxito.
Comprobación de stock automático para un maior control
A nosa ferramenta de facturación permíteche supervisar as unidades de stock dispoñible dos teus produtos. Recibirás notificacións cando o volume de stock se achegue a un mínimo para que poidas xestionar a reposición do teu inventario coa antelación necesaria.
Mantén o teu inventario actualizado e garante todos os teus pedidos!


Proba Talenom Software durante 15 días sen compromiso
Comeza canto antes a gozar da xestión do teu negocio