Controla e dixitaliza os teus gastos sen esforzo
Contabilidade para pemes e autónomos: carga os teus gastos e vendas na ferramenta e os teus libros contables crearanse automaticamente.
Esquécete do papelame: dixitaliza os teus tíckets e facturas
Despreocúpate de perder tíckets e facturas e engádeos a Talenom en tan só uns segundos. Controla os gastos do teu negocio dunha ollada.
- Fai unha fotografía e dixitalizaranse automaticamente
- Inclúe manualmente os campos do tícket ou factura
- Tamén tes a opción de anexar se xa tes unha imaxe no teu móbil.
Todo isto pódelo facer desde a aplicación ou desde a web, totalmente sincronizado!
A solución para todos os teus gastos
Automatizar tarefas manuais farache tomar mellores decisións sobre o teu negocio. Ademais, simplificarás a xestión do teu negocio controlando os teus gastos en tempo real e esteas onde esteas. Talenom darache o detalle por trimestres e ano sobre os teus gastos para que o teñas todo baixo control. Mantén os datos do teu negocio actualizados e fai que a túa vida sexa máis fácil!
As túas contas claras e controladas
Introduce os teus gastos en Talenom e terás unha visión 360º sobre o estado das túas contas. Coñece o estado da túa tesourería nunha plataforma sincronizada en aplicación e web que che permitirá telo todo baixo control para tomar as decisións óptimas no teu negocio.